Castelo Deporte prepara o lanzamento da súa programación de actividades para finais de agosto

Este xoves dende as 17.30 da tarde en Tarrío, representantes de Castelo Deporte e do Concello de Culleredo avanzarán algunhas das actividades do proxecto en rolda de prensa


O Castelo Deporte botará a andar este xoves á tarde de xeito oficial. A entidade e o Concello de Culleredo convocan unha rolda de prensa para facer públicas todas as actividades que se desenvolverán na derradeira semana do mes de agosto na parroquia de Castelo. No acto intervirán Alba Taboada e Álvaro J. Pérez Becerra, e o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acompañado polo concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, Bernardo Peiteado.

Trátase da primeira convocatoria formal á prensa na historia da asociación cullerdense, o que supón unha nova oportunidade de difusión que se suma aos diferentes artigos e reportaxes que nas últimas semanas están ocupando grandes espazos da prensa local e comarcal sobre a actividade da entidade.

Esta semana, os responsables da área de tecnoloxías de Castelo Deporte lanzaron a nova web do evento deste verán, coa imaxe corporativa da actividade, e información sobre as disciplinas deportivas, ás que xa é posible inscribirse online. Ademais, esta semana comezará a colada de cartaces por toda a área metropolitana da Coruña, á que se unirá a partir dos vindeiros días a promoción para o Castelo Music Festival 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario