Pero non foron os únicos: as actuacións previas das bandas compostelanas Glasgow e Sinestesia tamén conseguiron o beneplácito do público na polideportiva de Castelo, así como os pinchadiscos que se encargaron de rematar a festa con música de baile até as seis da mañá
Como mostra, eis un fragmento do concerto dos Skarallaos, no que se pode ver e escoitar ao público bailar, cantar e, sobre todo, pasalo ben!
Desde primeiras horas da tarde, centos de persoas se achegaron á parroquia cullerdense de Castelo para vivir unha xornada de festa e actividades socioculturais. E é que ademais do Castelo Music Festival, a Asociación Castelo Deporte tamén organizou o sábado, en colaboración co Concello de Culleredo, o I Encontro de Asociacións sen Ánimo de Lucro do municipio, un evento no que participaron seis entidades locais, ao que asistiu un cento de persoas, e no que a actividade estrela foi o concurso de tortillas. Certame que gañou a señora Palmira, de Bregua.
E logo dun breve día de descanso, as actividades de Castelo Deporte 2011 continúan hoxe, luns, co inicio dos torneos de Fútbol Sala e Fútbol Virtual na polideportiva de Castelo. Durante toda a semana, 14 equipos de futbito competirán durante mañá e tarde (neste enlace pode consultarse o calendario de partidos) para facerse cos premios de 750 euros para o gañador e 250 euros para o finalista. Canto ao campionato de Fútbol Virtual, os interesados aínda están a tempo de inscribirse na polideportiva de Castelo.
Os partidos en directo e toda a información sobre o Castelo Deporte 2011, en castelodeporte.org/2011

No hay comentarios:
Publicar un comentario