Por sexto ano consecutivo, a polideportiva de Castelo convértese esta semana nun dos epicentros do fútbol sala comarcal. Desde o pasado luns, 14 equipos de Culleredo e outros concellos cercanos como A Coruña, Arteixo ou Carral, compiten cada tarde entre si para .
Esta mesma tarde remataron os partidos da fase de liguiña previa, na que os mellores equipos de cada grupo quedaron automaticamente clasificados para as eliminatorias. Despois dos partidos de repesca, mañá, xoves, ás 17:00 horas comezarán os encontros de cuartos de final. Os dous partidos de seminifinais están previstos para o venres ás tres e catro da tarde, mentres que a esperada final terá lugar o venres ás cinco da tarde. Será entón cando se coñeza o nome do equipo campión deste VI Torneo de Fútbol Sala Castelo Deporte, para o que hai previsto un premio de 750 euros en metálico, mentres que o cadro finalista gañará 250 euros.
Consulta a táboa de resultados da fase de liguiña e os calendarios dos encontros aquí
Unhas cantidades moi xenerosas que, sumadas á expléndida organización e á innovación tecnolóxica do torneo, fan deste campionato un dos máis apetecibles de Galicia para calquera afecionado ao fútbol sala. E é que a tecnoloxía é un dos valores engadidos do torneo Castelo Deporte: todos os partidos do campionato estanse retransmitindo en directo por internet, con sinal de audio e vídeo, realización en directo e mesmo locutores, a través da web castelodeporte.org/2011. A cobertura dos encontros complétase con actualizacións constantes vía twitter e facebook de todos os goles, faltas e resultados. Todo iso grazas ao esforzo dos máis de 30 voluntarios da Asociación Castelo Deporte que organizan Castelo Deporte 2011, unha semana de música, deporte e actividades ao aire libre ao pé do Xalo.
Caravana solidaria a Marrocos
Ademais, o Castelo Deporte 2011 tamén ten unha face de compromiso social, pois todo o material deportivo como redes, balóns ou petos empregado durante esta semana de fútbol será enviado en setembro ás áreas máis desfavorecidas de Tánxer (Marrocos) nunha caravana solidaria coorganizada polo Concello de Culleredo e coa que a Asociación Castelo Deporte inaugura así unha nova área de actividades.




No hay comentarios:
Publicar un comentario