Será coa publicación das webs oficiais cando queden abertos os procesos de inscrición, que se prolongarán ata tres días antes da celebración de cada unha das probas. A asociación aposta por manter case todas as taxas do pasado ano para favorecer a participación
Breves pero intensas prometen ser as semanas previas aos dous próximos eventos que Castelo Deporte prepara para mediados de abril. O Descenso ao Xalo e a Travesía do Xalo cumplen dous e tres anos respectivamente e inician a súa andaina e o fan a partir deste mércores, cando a organización das dúas probas deportivas polo pulmón verde da comarca da Coruña lance as webs oficiais nas que estará toda a información para participantes e público.
Serán a través das propias páxinas en internet onde os interesados en participar en ambos eventos poderán rexistrar a súa inscrición, que completarán co pagamento das correspondentes taxas. Neste apartado, a organización das dúas probas mantén a maior parte dos prezos do pasado ano co obxectivo de favorecer a participación do maior número de deportistas. Só nas categorías federadas do descenso de mountain bike a inscrición sube en 5 euros o seu prezo pola contratación do cronometraxe electrónico, que nesta edición garantirá o éxito da proba.
Segundo a opinión do presidente de Castelo Deporte, "existía a opción de igualar as taxas medias que se cobran en Galicia para calquera das dúas disciplinas, pero preferimos contar con máis xente aínda que arrisquemos un pouco máis no capítulo económico". Deste xeito, a inscrición para o Descenso ao Xalo será de 20 euros para federados e de 25 euros na categoría de promoción. Na Travesía do Xalo, a inscrición será de 15 euros para os participantes non federados, e de 12 euros para os inscritos na Federación Galega de Montañismo interesados en obter puntuación para a clasificación da Copa Galega de Carreiras de Montaña.
Castelo Deporte abre este mércores as inscricións para o Descenso ao Xalo e a Travesía do Xalo
CASTELODEPORTE.ORG -
19.3.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario