O Castelo Non Para cuadriplicou a asistencia de público ao maratón en relación coa pasada edición. Ás cinco da madrugada, ao redor dun cento de persoas enchía as gradas de Tarrío
Os plans do sábado noite xa non son os de sempre. Se nun tempo a ninguén se lle pasaba pola cabeza deixar de saír polos locais de moda, está claro que a día de hoxe moitos optan por alternativas menos saturadas e máis integradoras. É a conclusión que pode sacarse da asistencia de público no maratón vintecatro horas que a pasada fin de semana organizou a asociación Castelo Deporte en colaboración co Concello de Culleredo: ao redor de trescentas persoas pasaron polo recinco polideportivo de Tarrío para ver desde a grada a loita de catorce equipos polo premio de 1000 euros.
Sorprendente en números absolutos, pero máis aínda ao afondar no detalle: de madrugada, a afluencia acadou as cotas máis altas, cun cento de persoas ás cinco da mañá. O perfil era ben diferente: os que volvían de festa e pasaban para tomar a última cervexa, os que para non quedar en casa optaron por ver bo fútbol nun ambiente agradable cos amigos, e os seguidores dos equipos, ata os chegados da comarca de Ferrolterra, que aguantaron ata a eliminación dos seus amigos sobre o parqué cullerdense.
Na entrada, as hamburguesas e os canciños quentes apuraban unha plancha que por momentos non deu máis de si. Refrescos e bocatas atravesaron a barra do bar que, como o propio maratón, tampouco parou nas vintecatro horas completas e contínuas nas que se desenvolveu a actividade organizada por Castelo Deporte.
Sobre a organización, que ás 16.00 horas do sábado chegaba a Tarrío para non abandonar o polideportivo ata as 22.00 horas do día seguinte sen durmir nin un minuto, foron vinte os voluntarios que fixeron posible a segunda edición dun Castelo Non Para que, se o corpo se recupera, cumprirá tres anos no 2013.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




1 comentario:
este maraton fue una piratada amañaron los del 10 x cabeza para ganar un partido en el que no se presentaron porque era a las 4 de la mañana y a los señoritos no les apetecian jugar....en definitiva no vuelvo mas a este maraton
Publicar un comentario