O Descenso ao Xalo lanza hoxe a súa web oficial, www.descensoaoxalo.com, con toda a información para participar ou asistir como público a un dos eventos deportivos máis agardados do ano en Culleredo. School Riders e Castelo Deporte organizan conxuntamente a proba
Co reto de superar a sensacional participación da primeira edición, o Descenso ao Xalo comeza hoxe a súa andaina coa publicación da web oficial dun evento organizado pola asociación Castelo Deporte e o clube cullerdense School Riders Team. Trátase da proba inaugural do Open de Galicia de Descenso, que a Federación Galega de Ciclismo promove de xeito anual a través dun circuíto de probas en toda a comunidade. O pasado ano, máis de douscentos riders decidiron achegarse ao Xalo para probar un trazado no que o clube ao que pertence o vixente campión galego, Aaron Caballero, leva traballando varios meses.
Na web do Descenso ao Xalo ten cabida toda a información sobre a proba e a contorna na que se realiza, unha breve nota sobre o monte Xalo, o track do circuíto, os horarios da proba (que terá lugar o 28 e o 29 de abril), e o formulario de inscrición no que os participantes teñen a opción de mercar a camiseta oficial do evento ou mesmo encargar a comida da fin de semana no bar que a organización situará na explanada de meta.
Por primeiro ano, a proba será cronometrada pola empresa líder do sector, Magma Sports, o que permitirá un control exacto dos tempos nas sete categorías sobre as que se estrutura a proba. Ademais, a organización aumentará os recursos loxísticos en relación á primeira edición, con dúas ambulancias máis, o dobre de voluntarios na organización e mesmo dúas furgonetas máis para os remontes.
A polémica polo cambio da data
Segundo o que tiña previsto a organización, era a fin de semana do 14 e o 15 de abril a data prevista para a celebración da segunda edición do Descenso ao Xalo. A sorprendente ubicación do partido entre Celta e Deportivo na hora e día no que se tería que estar disputando a competición do Xalo obrigou a Castelo Deporte a propor unha modificación no calendario, ao asegurar non poder contar co número de voluntarios previstos. En resposta a todas as mensaxes que desde o anuncio do cambio apareceron en diferentes foros online, a asociación quere trasladar a todos os afectados as súas desculpas, e recordar que a intención da decisión é poder facer unha proba mellor en todos os sentidos, con todos os recursos e o personal necesario, algo que na data orixinal era imposible garantir.
Inscricións abertas a través da web para a proba inaugural do Open de Galicia de DH o 29 de abril
CASTELODEPORTE.ORG -
21.3.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)





No hay comentarios:
Publicar un comentario