Ao mediodía darase por pechado o proceso de inscrición a través da web oficial do evento. O domingo, centos de persoas ateigarán Castelo para percorrer a mediomaratón do Xalo ou participar na andaina polo monte, grazas á dobre modalidade que desenvolve Castelo Deporte
Todo preparado para que hoxe ás 12.00 horas do mediodía pechen as inscricións na terceira edición da Travesía do Xalo, a proba deportiva que Castelo Deporte organiza cada primavera na dobre modalidade de carreira e andaina polo monte coruñés. Desta volta, trescentos son os inscritos nun evento xa clásico no calendario dos atletas de montaña e os amantes do sendeirismo.
Co peche do proceso de inscrición, quedará confirmar o pagamento das taxas de inscrición dos participantes máis rezagados, para así poder asistir con todas as garantías á recollida de dorsais da proba, que terá lugar o mesmo domingo a partir das 8.00 diante do bar Casa Rodríguez, na propia parroquia cullerdense de Castelo. Será xa ás 10.00 horas cando se poña en marcha a andaina, quedando para as 10.15 horas o comezo da carreira.
A organización da proba enviará este venres un e-mail informativo con todas as instrucións aos participantes, indicando ademáis como chegar a Castelo ou mesmo os puntos quilométricos dos diferentes avituallamentos dispostos ao longo do circuíto.
Segue a última hora sobre a Travesía do Xalo en Twitter: #travesíadoxalo
A terceira edición da Travesía do Xalo pecha hoxe o prazo de inscrición con case trescentos participantes
CASTELODEPORTE.ORG -
19.4.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




1 comentario:
Solo decir que hay que dar la enhorabuena a las personas que con su esfuerzo hacen que puedas admirar las vistas y zonas del monte xalo , siendo esta la tercera vez y espero y deseo que sean muchas mas .
FELICIDADES A TODOS
Publicar un comentario