Máis de setecentas persoas participarán na carreira The Style Outlets pola protección da Ría do Burgo que organiza a entidade en colaboración co Concello de Culleredo. O evento pon o punto e final ao programa de actividades previsto pola asociación para esta primavera
O paseo marítimo do Burgo prepárase para acoller esta mañá ás máis de setecentas persoas inscritas na carreira de 8,5 quilómetros que Castelo Deporte anunciou o pasado mes de novembro. Despois da Travesía do Xalo e o Descenso ao Xalo, as actividades da entidade cullerdense nas últimas dúas semanas, o percorrido pola ría pecha a programación desta primavera cun notable éxito no que a popularidade e traballo organizativo se refire.
No relativo á ruta que esta mañá percorrerá o paseo do Burgo, os participantes sairán da zona anexa ás pistas polideportivas ao aire libre situadas ao pé da estrada da ría, para desprazarse nun primeiro tramo á zona da Ponte da Pasaxe e dar a volta en dirección á ponte romana. Unha vez neste punto, entrarán nunha zona do concello de Cambre para dar a volta na ponte situada debaixo da autoestrada e volver á zona de saída. En total, case dez quilómetros absolutamente planos que os máis rápidos poderían facer en pouco máis de trinta minutos.
O centro comercial Coruña The Style Outlets patrocina unha proba que contará nas tarefas de cronometraxe coa empresa Championchip, líder no sector. Ademais, a partir das 12.30 horas do mediodía celebraranse tres carreiras dirixidas aos máis pequenos na zona de saída e meta.
Castelo Deporte leva esta mañá ao Burgo a actividade máis multitudinaria da súa historia
CASTELODEPORTE.ORG -
6.5.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario