Culleredo recoñece o bo traballo de Castelo Deporte

En dous semanas máis de medio milleiro de persoas participaron nas actividades organizadas pola asociación cullerdense. O traballo de Castelo Deporte polo deporte, a cultura e a promoción de contornas naturais como o Monte Xalo comeza a ser recoñecido pola sociedade 

Nun mes o teléfono da asociación tivo máis traballo que nos seis anos que ten Castelo Deporte xuntos. É unha simbólica mostra do momento que a entidade cullerdense vive coa organización en pouco máis de vinte días de tres probas deportivas con máis de mil participantes. E a potenciación da marca non implica unha maior participación nas actividades, tamén unha importantísima difusión dunha marca asociada xa no subconsciente colectivo ao deporte, a promoción da cultura, a mocidade, a natureza e a defensa dos recursos ambientais ou a saúde.

Decenas de persoas anónimas achéganse nas últimas semanas aos membros da asociación para ofrecer os seus parabéns: é necesario que haxa alguén que faga cousas, que non participe do pesimismo establecido nestes tempos de crise. E nas tripas de Castelo Deporte, entre os voluntarios dunha entidade que vive as semanas máis intensas da súa historia o cansancio aparece de vez en cando para recordarlle ao corpo de cada quen que invertir tanto tempo libre nunha causa asociada a tanto traballo pode pasar factura.

E con todo, a asociación medra e diferentes mpresas e institucións de Culleredo contactan con Castelo Deporte para buscar colaboracións e convenios para a organización de diferentes actividades. Na axenda da entidade está rematar o maratón de actividades consecutivas este domingo, coa carreira Coruña The Style Outlets pola protección da Ría do Burgo. Despois chegará o verán cun campamento para os máis novos, e máis adiante as festas (o equipo de Castelo Deporte é tamén o encargado de organizar os festexos patronais da parroquia cullerdense de Castelo). Queda tempo para escoitar novas propostas, sen deixar de lado un desexo de sempre: cousas ben feitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario