Máis de seiscentas persoas participarán na carreira Coruña The Style Outlets pola Ría do Burgo

Castelo Deporte organiza este domingo en solitario e co patrocinio do centro comercial cullerdense o evento coa maior participación da súa historia como asociación. O obxectivo fundamental, chamar a atención sobre a situación da Ría do Burgo e recordar a importancia da súa inmediata rexeneración. Haberá categorías dirixidas aos máis novos


Coas inscricións aínda sen pechar, máis de seiscentas persoas forman parte do rexistro que a asociación Castelo Deporte xestiona para a carreira que este domingo percorrerá o paseo marítimo da Ría do Burgo. Un evento patrocinado polo centro comercial Coruña The Style Outlets, moi sensibilizado co medio ambiente e a participación social a través de actividades lúdicas e deportivas. Precisamente grazas á colaboración da coñecida grande superficie é posible unha proba que aspira a ser referente no calendario anual do atletismo popular e pedrestre.

O evento deste domingo non deixará de lado ningún aspecto: haberá competición para os máis pequenos, con categorías benxamíns, prebenxamíns, alevíns e infantiles, quen queira poderá achegar un pequeno donativo para a rexeneración da ría, potenciarase o consumo de alimentos saudables relacionados coa actividade física e aproveitarase unha contorna de especial valor medioambiental como é o paseo marítimo do Burgo. Unha actividade coa que Castelo Deporte aspira a popularizar o seu traballo tamén nas parroquias urbanas de Culleredo.

Pola rexeneración da Ría do Burgo
O obxectivo último da organización desta actividade é chamar a atención sobre a importancia de insistir na necesidade de rexenerar a Ría do Burgo, unha das máis contaminadas de Europa. Como xesto simbólico, a organización da carreira ofrece aos participantes a posibilidade de pagar 3 euros máis da súa inscrición, que será integramente donados a unha asociación ecoloxísta que realizará traballos pola recuperación desta contorna de elevado valor medioambiental.

+ información | Coruña The Style Outlets pola protección da Ría do Burgo

No hay comentarios:

Publicar un comentario