Os máis pequenos tamén foron protagonistas na carreira pola protección da ría do Burgo

Percorreron unha ruta de 300 metros, un e dous quilómetros por categorías nas inmediacións da meta da carreira absoluta. Foron máis de cen os rapaces inscritos nun evento que coincidiu ademais coa celebración do Día da Nai e ao que moitos asistiron en familia


















Cando os maiores recollían os dorsais, a cola na mesa destinada a que os menores de dezaseis anos se apuntaran nas súas particulares rutas facíase máis e máis longa. Máis de cen rapaces anotáronse finalmente nunha carreira de varios percorridos diferentes para os prebenxamíns, alevíns e benxamíns, e infantiles, que en media hora escasa completarios varias voltas ao parque anexo ao paseo marítimo do Burgo.

Na categoría prebenxamín, cunha ruta de 300 metros, Pablo Alfonsín (2005) impúxose por diante de Mateo Pan e Javi Martínez. Os tres subiron ao podio, e recibiron o aplauso do numeroso público que premiou así o esforzo dos cativos.

En alevín e benxamín tivo lugar a carreira máis desputada, cun final de infarto entre Helena Torreiro e Ermías Fernández. Por menos dun segundo gañou a primeira, aínda que ambos subiron ao podio acompañados polo terceiro clasificado, Diego Martínez, que cunha sensacional última volta obtivo o bronce na súa categoría.

Na última carreira, un espectacular Victor Souto impúxose sen problemas e quedou líder destacado. Acompañárono no podio Santiago González (segundo) e Diego Míguez (terceiro). O concelleiro de Deportes e Participación Cidadá do Concello de Culleredo, Bernardo Peiteado, a concelleira de Igualdade, Sanidade e Consumo, Rocío Sampedro, e o vicepresidente de Castelo Deporte, Alberto Ferreño, foron os encargados de entregar os trofeos nas correspondentes cerimonias de todas as categorías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario